EXPERIMENTO



CONCURSO DEL TANGRAM





La ganadora del concurso de 3º de ESO ha sido Arantxa Fernández Conde.

VIDEO DEL CONCURSO Y DEL EXPERIMENTO

video

Redacción de la Semana de las Ciencias por Karen Sánchez C.


Na Semana das Ciencias fixemos soamente dúas cousas, e como son poucas, direi brevemente o proceso no que consistiu.
Primeiro fixemos o “Tangram” que é un xogo chino moi antigo que radica na colocación de sete pezas xeométricas para lograr unha figura; eu logrei facer un camelo, e a gañadora foi Arantxa. Respecto ó que me pareceu o xogo, non é que me agrade, pero foi moi divertido e gracioso ver competir aos dous finalistas, sobre todo gracioso, moi gracioso!
Ó outro día subimos ao laboratorio para facer dúas cousas:
- Primeiro fixemos plástico lácteo, que consistía en quentar leite e botarlle unha cullerada de vinagre. Cortouse o leite e quedaron como “grumiños”; estes deixáronse secar durante a fin de semana e o produto quedou duro.
- Despois fixemos a compresión dun plástico de iogur, é dicir, que con auga en continuo quentamento, metemos o plástico ata que se esmagou el só.
Ademais tamén me gustou facer o mural da Semana das Ciencias, xa que a min encántame debuxar, crear, probar cousas novas... Creo que é unha semana que ademais de divertida foi instrutiva, e sobre todo o que máis foi me gustou foi aprender de forma entretida. Pero deberíamos adicarlle cada ano a algún científico como no día das Letras Galegas.

Karen Sánchez C.